Wednesday 01 de May de 2024

Alternativa presentará o venres o candidato a encabezar a lista electoral na Coruña


Desexamos, agardamos, contar co apoio dos coruñeses para estar presentes na corporación municipal e aportar ideas e proxectos que melloren a calidade de vida da cidadanía.

Alternativa presentará o seu candidato á alcaldía da Coruña, na confianza que un número crecente de persoas insatisfeitas coa actual orientación do Concello verá nesta candidatura unha aposta sólida e contrastada para sentirse representada na Corporación.

O Concello da Coruña leva ingobernable dúas lexislaturas, mesmo en varias ocasións sen orzamentos no horizonte. Segundo o presidente da Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, “a pesar das enquisas cociñadas, daquela maneira, xa se sabe que ninguén ostentará a maioría absoluta, nin existen razóns especiais para que os partidos representados vaian subir de votos”.

García Seoane dixo que “desde Alternativa cremos que a nosa experiencia e bo facer é unha aval, para fortalecer un goberno progresista, nós non aspiramos a alcaldías”. Alternativa quere estar presente no Concello da Coruña tanto para apoiar un goberno progresista, como para controlar os posibles desvíos e actitudes non conformes a dereito, en temas de persoal, ou doutra natureza, como recentemente se constata no Concello da Coruña, coa incorporación de familiares a áreas de confianza.

Tamén é preciso controlar procesos administrativos doutra natureza como os relacionados co impacto ambiental de obras, patrimoniais, etc.

O presidente de Alternativa insiste en que o partido “non defraudará a aquelas persoas que opten por depositar a súa confianza no noso partido, ese día 28 de maio”, dixo confiando “que en futuras sondaxes poda incluírse á nosa formación”.